Woxter acaba de presentar o Zielo S9, un dispositivo que se suma á longa listaxe de dispositivos Android por baixo dos 200 euros, aínda que con Android 4.2 (que prometen actualizar, imaxinamos que á versión 4.4).
O novo trebello incorpora unha pantalla IPS HD de 4,7 polgadas (1280 x 720) con tecnoloxía OGS que reduce o consumo de enerxía, procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSDs de até 64 GBs. As súas cámaras son de 8 e 2 megapíxeles e dispón de renaura dobre SIM para empregar a un tempo dúas liñas de teléfono.
O Woxter Zielo S9 está á venda en branco e negro por 169 €, un prezo que inclúe un servizo postvenda de dous anos que garante a solución de calquera problema nun prazo de 48 horas. Así mesmo, tamén comercializan un bumper adaptado a este terminal, dispoñíbel en negro, rosa, azul ou transparente por 9 euros.