Google Maps actualízase co perfil de elevación para bicicleta

ciclismo_android

Google vén de actualizar a que sen dúbida é unha das aplicacións estrela da compañía, Google Maps. A versión 8.2 achega diversas novidades, aínda que sen dúbida as máis destacadas son as que poden disfrutar aquelas persoas que empregan a bicicleta para os seus desprazamentos.

Deste xeito, cando seleccionamos un traxecto entre dous lugares, ademais das indicacións habituais de percorrido, Maps amósanos o perfil da ruta cos desniveis, que poderemos comparar entre as diferentes opcións para escoller cal facer segundo as ganas que teñamos de darlle ao pedal.

google maps 8.2 bici

Máis aló desta interesante novidade, Google Maps 8.2 inclúe comandos de voz grazas aos cales poderemos preguntarlle pola ruta: “cal é seguinte indicación?” “Amósame unha ruta alternativa” “Como está o tráfico?” “Canto falta?” (Si, si, responde a esta última pregunta! 😉 ) ou integración con Über.

A actualización irá chegando nas próximas horas aos nosos Android, aínda que se non queremos agardar podemos facernos co ficheiro APK para instalalo manualmente. Podédelo descargar desde esta ligazón.

Sobre o autor

Reply