Os Nokia X cambian Android por Windows Phone

nokia xNon lle saiu ben o experimento a Nokia. Como lembraredes, no Mobile World Congress asistimos á presentación da familia Nokia X, e recentemente a unha nova versión do dispositivo, o Nokia X2. Porén, a histórica compañía finlandesa, en mans de Microsoft, vén de anunciar que os futuros dispositivos desta liña pasarán a empregar Windows Phone e non Android.

Ponse así fin ao soño de terminais Nokia con Android, que supuñan a fusión de dúas marcas gañadoras, aínda que o certo é que a versión de Android que Nokia / Microsoft incluíran na liña X distaba moito da experiencia que podemos ter en calquera dispositivo Android ao uso, tal e como puidemos ver durante a nosa análise.

O anuncio coincide con cambios importantes en Microsoft, que tamén anunciou o despedimento de 18.000 traballadores

 

Sobre o autor

Reply