LG pon á venda o seu All in One 22CV241 con ChromeOS por 299 euros

LG_Chromebase_02

LG vén de anunciar a dispoñibilidade do seu primeiro ordenador All in One en contar co sistema operativo ChromeOS, o modelo 22CV241, orientado a todas aquelas persoas que queiran facer uso no día a día de ferramentas na nube e esquecerse de estar pendentes de actualizacións, xa que estas fanse de xeito automático.

LG_Chromebase_01

O trebello está pensado para traballar facendo uso das ferramentas na nube do ecosistema Google. Incorpora unha CPU con 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna, portos HDMI, 2 USB 2.0, 1 USB 3.0 e cable de rede RJ45. Tamén ten unha webcam de 1,3 megapíxeles. A súa pantalla é un panel Full HD de 22 polgadas.

O novo dispositivo como ChromeOS está dispoñíbel por 299 euros. Que vos parece?

Sobre o autor

Reply