Así é o novo Foursquare

Esta mesma mañá comentabamos as novidades de Swarm, a aplicación xurdida logo de que Foursquare decidira partir en dúas a súa aplicación. Tamén adiantabamos que axiña saberíamos máis do prometido renovado Foursquare, cuxos detalles veñen de ser dados a coñecer nun medio americano.

novo foursquare

O primeiro que cambia é o logo da aplicación, que se convirte nun gran F sobre unha especie de mapa, mais onde vén o prato forte é no punto das recomendacións. E é que o novo Foursquare personalizará a experiencia de casa usuario, atendendo aos nosos gustos (aínda que practicamente só centrado nas comidas) para ofrecernos información do que hai ao noso arredor que nos poida interesar. Tamén achegarán un apartado co “máis importante do mes” para que descubramos novos lugares. Iso si, todo sen darlle importancia aos checkins.

novo foursquare 2

Isto último chama a atención, pois Swarm, que ten unha das puntuacións máis baixas da Play Store, está a rexistrar máis checkins que nunca, en palabras da propia compañía, nun momento no que ademais a xente os está a abandonar. Eles seguen nas súas trece de que ter dúas aplicacións, unha para recomendacións e outra para checkins, é mellor ca unha única. En calquera caso, as páxinas dos diferentes venues manterán un botón de acceso directo ao checkin en Swarm, para os usuarios máis nostálxicos do Foursquare orixinal.

novo foursquare 3

Coas novidades dadas a coñecer tamén sabemos que haberá dúas listaxes de amigos, os de Swarm, cos que compartimos a localización, e os de Foursquare, que permitirá seguir xente que nos poida interesar polos seus gustos.

O lanzamento desta nova aplicación está previsto para dentro “dunhas semanas”. Que vos parecen os cambios? Son abondos ou non mellora moito o que xa había?

Vía

Sobre o autor

One Response

  1. pintafontes 23 Xullo, 2014 Responder

Reply