VIA Viega, unha tablet para as necesidades máis exixentes

VIA Viega tablet (2)

VIA Technologies vén de anunciar o lanzamento da súa nova tablet VIA Viega, un dispositivo Android reforzado deseñado para traballar nos lugares potencialmente máis perigososo, como almacéns, obras ou outros entornos semellantes.

As súas especificacións pasan por unha pantalla de 10,1 polgadas, procesador ARM Cortex A9 de dobre núcleo e 1,2 GHz con tecnoloxía NEON, 1 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna, cámaras de 2 e 8 megapíxeles e conectividade WiFi ou WiFi + 3G. Ademais é compatíbel cunha ampla variedade de periféricos, o que multiplica as súas posibilidades.

VIA Viega tablet (1)

No que ten a ver coa seguranza, dispón de protección IP65 que protexe o dispositivo fronte choiva, derrames ou o pó. Tamén resiste golpes e vibracións, soportando caídas desde aproximadamente 2 metros, xa que o seu panel de vidro templado non rompe facilmente..

O seu sistema operativo é Android 4.2, incorporando ademais ferramentas de seguridade como o cifrado/descifrado de datos asistido por hardware ou capacidades de xestión integradas mediante o kit de ferramentas de integración VIA Smart ETK.

Sen dúbida esta tablet é unha opción a considerar pola xente que precise este tipo de dispositivos. En certa maneira lembrounos o CAT B15 que analizamos hai uns meses.

Sobre o autor

Reply