Neste verán tan tolo, que tanto tardou en chegar queremos presentarvos unha aplicación relacionada coa actualidade meteorolóxica. Chámase O Tempo e se cadra foi unha das aplicacións máis sinxelas que probamos. O único que temos que facer e seleccionar o concello do que estamos interesados en coñercer a evolución do tempo para os seguintes 3 días. Feito isto, a pantalla que veremos é a seguinte:
Na parte superior teremos as temperaturas máximas e mínimas para o día actual, a velocidade do vento, cando sae e cando se pon o sol… e na parte inferior, unha breve previsión para os seguintes días.
Nin máis nin menos isto é todo. E non é pouco: a aplicación fai o que promete dun xeito rápido e doado, aspecto que tanto nos gustou, xa que outras apps poden ter previsións por horas, mais se se xa é complexo atinar nunha previsión diaria, por hora xa nin falamos…
A aplicación funciona en practicamente calquera Android, xa que só require Android 2.2, é gratuíta e está dispoñíbel para a súa descarga a través da Play Store.