Que significan os erros máis habituais da Play Store?

google play store

Aínda que non é habitual, é posíbel que cando accedemos desde o noso smartphone á tenda de aplicacións Play Store suframos algún erro, que aparecerá cun número identificativo asociado que, se non sabemos que significa, déixanos como estabamos. Tres son os máis común, os mesmos que traemos a este artigo, aínda que hai unha longa listaxe tipificados que podedes consultar nesta listaxe.

  • Erro 911: adoita indicar que hai algún problema coa aplicación da Google Play Store relacionado cos ficheiros almacenados no móbil. A solución pasa por borrar os datos da aplicación, algo que faremos entrando no menú de Axustes > Aplicacións > Google Play.
  • Erro 919: aparece cando non temos espazo abondo para instalar unha aplicación. A solución é liberalo (Capitán Obvio, non?)
  • Erro 923: pode aparecer ao tentar instalar unha aplicación no noso dispositivo a través da versión web da tenda. Soluciónase borrando o caché do dispositivo, aínda que ao tentar de novo a instalación debemos procurar ter a pantalla acesa.

Saiuvos algunha vez un destes?  Como o solucionastes?

Sobre o autor

Reply