Un repaso polos móbiles Android máis raros que se fabricaron (I)

Houbo un tempo no que as compañías arriscaban cos deseños ou tentaban que empregasemos o smartphone dun xeito diferente. Formas cadradas, dúas pantallas, botóns adicados a unha rede social determinada… O certo é que non son poucos os modelos que saíron ao mercado dispostos a romper todos os moldes ou conscientes de que poderían ter unha acollida dubidosa por parte do público.

Imos comezar o repaso co Kyocera Echo, un terminal xaponés presentado no ano 2011 que contaba con dúas pantallas. Ao combinalas, tiñamos un display de 4,7″ cunha resolución un diferente ao que estamos afeitos, 800 x 960.

Captura de pantalla de 2014-07-28 11:09:23

Do resto de características podemos destacar o seu procesador Snapdragon a 1 GHz e a GPU Adreno 200, 512 GB de RAM e 8 GB de memoria interna a través dunha tarxeta microSD. O que non podemos agardar deste terminal é que sexa un trebello delgado.

Captura de pantalla de 2014-07-28 11:09:37

As pantallas que caracterizan este dispositivo podémolas empregar do xeito que máis nos interese, usando por exemplo unha app en cada pantalla ou combinando as dúas para visualizar o que precisemos dun xeito máis grande. Como non, tamén permite usar  o smartphone sen abrir, usando unha única pantalla como nun móbil ao uso.

Captura de pantalla de 2014-07-28 11:08:57

Nesta ligazón deixámovos un vídeo de como funciona este smartphone.

Pasamos a falar do Samsung W899 un terminal do que temos moi pouca información, xa que foi destinado ao mercado chinés. Chegou a finais do ano 2010.

samsung_w899_2

En canto a especificacións, destacamos o procesador a 1 GHz os 512 MB de RAM e a súas pantallas de 3,3″, tipo clamshell, é dicir, coa tapa pechada, temos un terminal estandar que manexamos desde a pantalla, pero se o precisamos podémolo abrir e contamos con outra pantalla igual á exterior que tamén é tactil, aínda que neste caso temos que engadirlle un teclado físico.

Eis un vídeo no que vemos como funciona.

O seguinte da nosa listaxe é o Compulab Exeda un terminal que nos podería lembrar ás Blackberry de sempre con pantalla e teclado qwerty que ten como principal punto diferenciador a posibilidade de facer correr tanto Android coma Windows Mobile.

the-mobile-phone-with-android-and-windows

Basicamente é unha ferramenta profesional, xa que contaba con todo tipo de aplicacións empresariais, ademáis de ter unha ranura de expansión que lle permitía conectar lectores de código de barras tradicionais, lectores RFID ou todo tipo de instrumentos de medición. Ademáis de ter cun USB OTG. Non atopamos vídeos onde se amose o seu funcionamento, pero na súa web oficial podedes ver as súas características máis polo miudo.

Para rematar por hoxe queremos lembrar o que se cadra é o terminal que mellor lembramos todos, o HTC ChaCha, un dispositivo da firma taiwanesa HTC que tiña como principal característica contar cunha tecla adicada a Facebook.

HTC-ChaCha

Esta aposta de HTC foi un fracaso. As cifras de ventas non acompañaron xa que este terminal non convenceu aos máis novos, que eran os clientes potenciais deste smartphone, se cadra pola mellor acollida entre eles dos modelos máis básicos de Blackberry.

Podemos destacar algunhas das súas características, como a súa pantalla de tan só 2,6″ con 222 ppi, os 512 MB tanto de RAM como de ROM e o procesador, un mono núcleo a 800 MHz. Viña con Android 2.3, Gingerbread.

Podedes consultar a listaxe completa de especificacións nesta ligazón, ou un vídeo de primeiras impresións.

Por hoxe deixamos acó este repaso polos terminais máis diferentes aos que vemos a cotío, sen deixar de agradecer a Ismael Reyes a axuda na elaboración desta listaxe.

Sobre o autor

7 Comments

  1. Dussa 30 Xullo, 2014 Responder
    • Ismael Reyes 30 Xullo, 2014 Responder
      • Dussa 31 Xullo, 2014 Responder
        • Dussa 31 Xullo, 2014 Responder
  2. marcos barro 30 Xullo, 2014 Responder
    • Álvaro M. Souto 30 Xullo, 2014 Responder
  3. marcos barro 30 Xullo, 2014 Responder

Reply