Semanas atrás filtrouse unha imaxe de prensa do novo terminal de gama media alta que prepara Samsung, que podería ser oficial hoxe ou o 12 de agosto, as dúas datas que se barallan para a súa oficialización. Falamos do Samsung Galaxy Alpha.
A través da rede social Weibo chégannos as primeiras imaxes reais deste novo trebello en branco, un dispositivo que incorpora pantalla de 4,7 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,8 GHz, 1 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna e cámaras de 12 e 2,1 megapíxeles.
A súa batería é de 1860 mAh e non será resistente á auga e pó como o Galaxy S5, aínda que si que herdará deste o sensor de pegada dixital.
Que tal pinta vos ten?
E a min que me recorda a algo?
Ao que teño na man agora… A ver se adiviñas?