Fíltranse imaxes reais do Samsung Galaxy Alpha

filtracion galaxy alpha_1

Semanas atrás filtrouse unha imaxe de prensa do novo terminal de gama media alta que prepara Samsung, que podería ser oficial hoxe ou o 12 de agosto, as dúas datas que se barallan para a súa oficialización. Falamos do Samsung Galaxy Alpha.

filtracion galaxy alpha_3

A través da rede social Weibo chégannos as primeiras imaxes reais deste novo trebello en branco, un dispositivo que incorpora pantalla de 4,7 polgadas, procesador de catro núcleos a 1,8 GHz, 1 GB de memoria RAM, 16 GB de memoria interna e cámaras de 12 e 2,1 megapíxeles.

A súa batería é de 1860 mAh e non será resistente á auga e pó como o Galaxy S5, aínda que si que herdará deste o sensor de pegada dixital.

Que tal pinta vos ten?

Vía

Sobre o autor

One Response

  1. Diego 4 Agosto, 2014 Responder

Reply