Xa é oficial: Samsung presentará o Galaxy Note 4 en Berlín

convite samsung ifa 2014

Tras o Unpacked Episode 1 que vivimos en Barcelona, onde foi presentado o Galaxy S5, Samsung vén de confirmar a data na que terá lugar o Unpacked Episode 2: 3 de setembro.

O evento coincidirá coa feira IFA que se celebra en Berlín a comezos do próximo mes, aínda que tamén se poderá seguir presencialmente en Beijing e New York. Nel presentarase o Galaxy Note 4, confirmadísimo coa imaxe que acompaña o propio convite, un dispositivo do que se ten rumoreado moito e que esperamos aporte algo realmente novidoso e non sexa unha simple actualización anual máis.

Nos días da IFA tamén teremos novidades doutros fabricantes que foron confirmando citas, como Huawei, LG ou Lenovo.

Que agardades vós desta cita postveraniega?

Sobre o autor

Reply