Radiolog: a app que che di que canción acaba de soar na radio sen ter que taggeala!

Hoxe queremos achegarvos unha aplicación da terra, desenvolta polos galegos de Madafakachikin Studio que se chama Radiolog. Ten un funcionamento sinxelo coa que podemos descubrir as cancións que acaban de soar nalgunhas emisoras de radio recentemente. Máis polo miúdo vemos que na parte esquerda temos acceso á listaxe de emisoras dispoñíbeis.

2014-07-29-02-16-53

Seleccionamos aquela na que teñamos interese e veremos as cancións que acaban de soar, como podemos apreciar na seguinte captura.

2014-07-29-02-24-07

Se queremos ter máis información sobre un tema en concreto, podemos clicar sobre ela e abrirásenos unha ficha tal que así:

2014-07-29-02-24-27

Temos unha pequena descripción da canción a ligazón a YouTube para escoitar a canción. Todo é tan sinxelo como vos acabamos de describir.

Radiolog está presente na Google Play Store para a súa descarga, totalmente de balde.

Sobre o autor

Reply