Wiko Getaway: 5 polgadas cun deseño estilizado

wiko getaway

Cunha pantalla IPS HD de 5 polgadas, o último dispositivo que Wiko incorpora ao seu catálogo destaca  polo seu deseño estilizado, acando os 7,2 mm de grosor.

Entre as súas especificacións cómpre destacar o seu procesador de 4 núcleos a 1,3 GHz, que vén acompañado de 1 GB de RAM e 16 GB de memoria intena, ampliábeis por microSD de até 32 GB. A súa pantalla, que como dixemos é de 5 polgadas, ten unha resolución 1280 x 720 píxeles e está rodeada dun anel de aluminio, que xunto á solución Corning Gorilla Glass 2 brinda maior resistencia á mesma.

As súas cámaras son de 16 e 5  megapíxeles e dispón de ranura dual SIM, grazas á cal poderemos empregar dúas liñas móbiles a un tempo. Integra Android 4.4 KitKat practicamente limpa.

O Wiko Getaway xa está dispoñíbel e pódese mercar por 199 euros.

Sobre o autor

Reply