[Actualizado] Museo Centro Gaiás, a túa app para moverte polo museo da Cidade da Cultura

Hoxe queremos falarvos da app Museo Centro Gaiás, que nos guía polo museo do mesmo nome, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. A aplicación basicamente é un un mapa virtual que nos axuda a movernos unha vez que nos atopamos no museo, polo que fará uso da xeolocalización para ver onde estamos e, desde este punto, poderemos pedirlle que nos leve a un ascensor para cambiar de andar ou que punto de interese temos máis preto de nós.

Screenshot_2014-08-07-22-46-53

 

Screenshot_2014-08-07-10-14-59

Como vemos nesta segunda captura, á dereita vemos os andares cos que conta o edificio e premendo nun deles, accedemos a el para amosarnos o que podemos atopar aló.

Ademáis de todo o que nos ofrece como mapa, a app ten un valor engadido significativo xa que tamén podemos recibir información das obras de arte e autores presentes no museo en formato de video, audio ou links externos á aplicación.

2014-08-08-12-17-46

O seu é probar a aplicación no lugar, cousa que non puidemos facer para poder confirmar a precisión é bo funcionamento, pero a priori a aplicación pinta moi ben e pareceunos unha idea interesante tanto para guiarnos polo museo como para axudarnos a obter unha experiencia máis interesante.

Se vos interesa esta aplicación, podédela descargar desde a Google Play Store.

ACTUALIZACIÓN:

Acaban de comentarnos que xa temos dispoñíbel unha actualización desta aplicación que renova dun xeito interesante seleccionando unhas cores que nos parecen máis axeitados, ademáis de volver a nomear os andares do edificio.

gaias 01

Máis aló desta renovación estética, temos que destacar o traballo a nível interno realizado polos rapaces de Axouxere Games que participaron no desenvolvemento desta aplicación.

Sobre o autor

One Response

  1. Tono 13 Agosto, 2014 Responder

Reply