Un evento en Moscú confirma as especificacións do Samsung Galaxy Alpha


galaxy alpha moscu

Nos últimos días véñense coñecendo novos detalles do Samsung Galaxy Alpha, o dispositivo de gama media que o fabricante coreano dará a coñecer de xeito oficial inminentemente, con moita probabilidade antes do Unpacked de Berlín, previsto para o 3 de setembro.

galaxy alpha moscu 2

Os últimos detalles proveñen do patrocinio de Samsung nun evento que se celebra en Moscú, grazas ao cal podemos ver nunha única imaxe as especificacións coas que contaría este novo trebello.

  • Pantalla de 4,7 polgadas (1080 x 720)
  • Procesador de 8 núcleos (4 a 1,8 GHz e 4 a 1,3 GHz)
  • 2 GB de memoria RAM
  • 32 GB de memoria interna
  • Cámaras: 12 e 2.1 megapíxeles
  • 1860 mAh de batería
  • 4G, lector de pegadas dixitais, sensor de ritmo cardíaco.
  • Android 4.4

Aínda que practicamente coinciden co que xa sabiamos, destaca a resolución da pantalla, por non ser habitual, e a incorporación de nanoSIM, o que convertiría a este dispositivo no primeiro de Samsung en empregar este tipo de tarxetas.

Que vos parece este smartphone? Estarán pensando en eliminar outras liñas de produto anteriores para centrar os seus esforzos en Alpha, S e Note?

Vía

Sobre o autor

One Response

  1. Álvaro M. Souto 11 Agosto, 2014 Responder

Reply