Hoxe taémosvos un xogo chamado Pursued do que como non podería ser doutro xeito, acabamos fartos. O xogo véndese como o máis dificil do mundo e que acabará por cabrearte. Vaia se o consegue.
Pursued é un xogo básico en canto a deseño e xogabilidade, pero malia que o obxectivo do mesmo é algo sinxelo (como eles din na descripción da Google Play, temos que recoller as migallas e levalas ao centro antes de que te atrapen) na dificultade está o núcleo deste xogo.
Xa non só nos atopamos cun xogo dificil, se non que tamén temos trampas, posto que segundo pulsemos a pantalla, igual no medio da partida saímos do xogo, tendo que voltar ao comezo. Algo que cabrea moito cando por fin levamos a partida máis ou menos polo bo camiño.
Por resumir a mecánica do xogo, podemos dicir que nos atopamos no centro e pulsando ese recadro branco temos que dirixilo ás esquinas para coller os outros 4 recadros, cando os tocamos aparecen no centro e dentro do recadro rosa. Pasamos de nível cando os 4 recadros das esquinas están no centro. Como ben estades a pensar, se os recadros vermellos conseguen alcanzarte, perdes e se tocas o borde da pantalla, tamén perdes.
Deste xogo, non é preciso detallar moito máis: cantos níveis ten, se ten opción de compartir os resultados nas redes sociais,… pois o máis seguro é que non pasedes da primeira pantalla polo que non ides querer saber máis 😉
E vós, pensades en probar Pursued e así poder dicir que xogastes ao “xogo máis dificil do mundo”? Podedes descargalo de xeito gratuíto desde a Google Play Store.