Nos comezos de Android non era tan doado como hoxe en día facer unha captura de pantalla. Si era unha posibilidade que incluian algúns fabricantes nas súas capas de personalización, pero non era algo xeneralizado. Por este motivo, daquela no Android Market atopabamos apps que nos deixaban facer capturas aínda que na maioria dos casos, precisabamos ser root.
Hoxe en día isto cambiou moito, con calquera terminal podemos facer capturas de pantalla de xeito nativo e sen aplicacións externas, pero o problema que atopamos hoxe é outro. A combinación de teclas que nos permite facer capturas pode ser diferente segundo que terminal teñamos nas mans. É por isto, polo que sen pretender facer unha lista amosando que combinación é a boa terminal por terminal, si queremos dar algunas pistas para que experimentando un pouco, atopedes cal é a vosa opción con pouco esforzo se é que aínda non sabedes como facer unha captura de pantalla desde o voso terminal.
Nexus, LG, Motorola, bq e Sony.
Nestes 4 fabricantes debemos premer o botón on/off + Volumen- para capturar a nosa pantalla.
Samsung e HTC.
No caso de Samsung e HTC, nos terminais actuais faise premendo o botón on/off + Home.
Se no voso caso concreto estas opcións non vos axudan, podedes probar a facer combinacións ao redor das teclas on/off, home e volumen +/- e de seguro que atopades a vosa. Non esquecemos que tamén temos solucións de software nativas como os xestos dos ultimos integrantes familia Galaxy S ou Quick Memo para a familia G de LG, pero quixemos centrarnos en combinacións de teclas para este artigo.
E vós, facedes capturas de pantalla con algunha combinación diferentes ás que vos amosamos anteriormente?