Google patenta un deseño das Google Glass moito máis discreto

google glass patente

 

Se cadra un dos aspectos que máis botan para atrás a posíbeis persoas interesadas en trebellos como as Google Glass é o deseño. Como puidemos ver cando realizamos a nosa análise, non son un dispositivo discreto, polo que era preciso refinar este aspecto de cara á súa comercialización.

A última patente feita pública amosa un deseño completamente diferente ao que coñeciamos, no que a tecnoloxía queda integrada no corpo duns lentes semellantes aos habituais. Mesmo a pantalla podería ficar sobre o cristal, o que sen dúbida faría que moita xente pensase máis seriamente en mercar un gadget coma este.

Tocará agardar a que Google anuncie a versión definitiva deste trebello, aínda que todo apunta que a que aínda vai haber que agardar bastante tempo para que isto ocorra.

Sobre o autor

Reply