Vimos de probar estes días unha aplicación chamada Ganga! que nos axuda a coñecer as ofertas que podemos atopar no comercio do noso barrio. A día de hoxe, céntrase nos comercios de Santiago de Compostela.
Esta aplicación é moi sinxela de utilizar e de primeiras, na pestaña Gangas podemos ver una lista dalgunas das ofertas que podemos atopar nas tendas do noso barrio.
Ademáis podemos filtrar as buscas en función dalgúns parámetros que poden resultarnos de interese, como pode ser por palabra clave, por categoría, por prezo,… O cal nos axuda a mellorar o tempo que empregamos para facer unha búsqueda.
Como vemos, esta aplicación é unha moi boa idea para tentar fomentar as compras no noso barrio, facilitando o poder coñecer as ofertas dese comercio que é o de toda a vida que tan mal o está a pasar nestes tempos de crise.
Pois ben, até aquí a presentación da aplicación orientada aos consumidores, xa que agora é a quenda dunha segunda aplicación chamada Ganga! Pro que vai dirixida aos comerciantes e que lles permite subir aquelas cousas que cren que poden ser de interese para os seus clientes. As dúas aplicacións interactuan entre elas e deste xeito só temos que descargar a aplicación que máis se axeite ao noso perfil de usuario: comsumidor ou comerciante. Como vedes os desenvolvedores pensaron nas dúas partes da ecuación, creando un espazo común no que interactuar.
Ambas aplicacións están dispoñíbeis de balde a través da Play Store:
- Ganga!
- Ganga! Pro