A piques de comezar a Liga 2014-15 queremos compartir con vós unha das aplicacións para seguir a competición e así non perder detalle. A app chámase AS Guía de la Liga.
Como en todas as aplicacións deste estilo, temos os equipos ordenados por países e con premer na frecha vermella imos desprazándonos polas principais ligas europeas. Cando eliximos o equipo no que estamos intesados, podemos acceder a moita información do noso clube, e principalmente no comezo da tempada que son cando máis cambios se veñen a producir.
Vemos que temos acceso tanto a información xeral do clube, como estatísticas e mesmo información xogador por xogador, o que nos fai pensar que a aplicación ten unha base de datos bastante extensa.
Como podemos ver na seguinte captura, dispomos dun menú coas opcións típicas dasapps desta clase…
…desde o que temos accesos ao Calendario, Clasificación,… pero sobre estes, queremos destacar a opción de comparar xogadores, un xeito de ver resumida e claramente que xogador marcou máis goles, xogou máis minutos ou recibiu máis tarxetas amarelas, por exemplo.
Como vedes é unha aplicación bastante completa que nos resultou intuitiva e sinxela de atopar a información que andamos a buscar.
Adoitades empregar este tipo de aplicacións para seguir a actualidade do fútbol? Podedes descargala de xeito gratuíto desde a Google Play Store.