Quedan poucos días para o evento no que Motorola presentará o seu novo catálogo de terminais, que pasa basicamente pola renovación do Moto X e do Moto G, os dispositivos que fixeron renacer á compañía.
O mítico @evleaks, quen anunciara o seu retiro hai semanas, vén de deixarnos un agasallo en forma de imaxe oficial do que será o Moto X+1, que como podedes ver terá diversos acabados, imaxinamos que configurábeis a través de Moto Maker, como no seu predecesor.
A esta filtración hai que sumar a do sucesor do Moto G, o Moto G de segunda xeración ou Moto G2, ao que Mallando no Android tivo acceso en exclusiva hai unha semanas.
Só queda agardarmos uns días a que o evento faga oficial todo o que foi aparecendo pola rede nestas últimas semanas. Como vedes o futuro de Motorola?