A LG G Pad 8.0 incorpora versión 4G

LG G Pad 8.3 - principal

LG regresou ao mundo das tabelts coa liña LG G Pad, dispoñíbeis en 7, 8.0, 8.3 e 10.1 polgadas, uns dispositivos de moi boas características e cun deseño cómodo para traballar con elas, como puidemos ver na nosa análise do modelo de 8.3 polgadas.

Para aqueles usuarios máis exixentes que precisen conectividade máis aló do alcance das redes WiFi, a compañía vén de anunciar o lanzamento da versión con conectividade 4G para o trebello de 8 polgadas, que ten o nome comercial LG G Pad 8.0 LTE. O que non cambia son as súas especificacións técnicas, que pasamos a lembrar:

  • Pantalla IPS HD de 8 polgadas (1280 x 800)
  • Procesador SnapDragon 400 a 1,2 GHz
  • 1 GB de memoria RAM
  • 16 GB de almacenamento interno.
  • Cámaras de 5 e 1.3 megapíxeles.
  • WiFi, LTE, GPS, Bluetooth 4.0.
  • Android 4.4 KitKat.

Esta nova versión estará dispoñíbel en cuestión de días en diferentes países europeos, aínda que polo de agora non trascendeu seu PVP.

Sobre o autor

Reply