Controla o teu consumo de datos directamente desde o teu smartphone

Dende fai unhas versións, Android permítenos levar a conta do noso consumo de datos e mesmo consumo de datos vía wifi.

Screenshot_2014-08-26-00-36-40

A configuración é sinxela como vemos na captura. Temos a posibilidade de configurar:

  • O periodo de facturarión que nos dita a proveedora do servizo.
  • Un aviso de consumo, en forma de liña laranxa. Cando chegamos a un consumo determinado (no noso exemplo 900 megas) salta unha alerta.
  • Tamén podemos limitar o consumo de datos cando chegamos ao límite dos datos contratados (para nós 1 GB), é dicir, o terminal deixará de consumir datos unha vez chegado a esa cifra preestablecida. Vémolo coa liña vermella.
  • A maiores temos dúas liñas verticais brancas coas que podemos ver o consumo un día concreto ou periodo determinado dentro do periodo de facturación.

Do mesmo xeito que levamos a conta deste consumo podémolo facer tamén para o consumo vía wifi.

Screenshot_2014-08-26-00-41-24

Screenshot_2014-08-26-00-41-29

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para os dous tipo de consumo, podemos ver a cantidade de datos que consume cada aplicación e deste xeito ver se ese consumo entra dentro do normal ou por contra pasou algo.

Ademáis, na captura da dereita vemos unha opción que se chama restringir datos de referencia (ou de fondo) que serve para aforrar ese consumo que non vemos pero existe. Pero facendo isto, podemos ver que a aplicación pode deixar de funcionar como debe e mesmo perder a sincronización. Agora teremos que poñer nunha balanza e ver se nos compensa activar esta opción en todas ou algunhas apps, en función de como vamos de datos consumidos.

Debemos engadir que esta información de consumo de datos é só orientativa, xa que ao final a cifra que vale é a que diga a vosa proveedora do servizo.

E vós, empregades esta función para controlar o voso consumo?

Sobre o autor

Reply