A IFA está a piques de comenzar e os rumores estes días son moitos e comezamos a ver algúns teasers como o que vos achegamos esta tarde da man de ASUS.
Neste vídeo vemos o ZenWatch, o primeiro reloxo intelexente da firma taiwanesa que levará Android Wear no seu interior maís non temos información sobre as especificacións técnicas.
Se todo vai ben, o mércores día 3 será presentado en Berlín e segundo os rumores, o seu prezo pode rondar os 150-200$.
Como vemos na captura, xa o dixo o poeta Khalil Gibran, “Time has been transformed and we have changed” 😉