Pouco estamos a falar este ano de HTC, unha compañía que outrora foi referente en Android e que desde hai algúns meses semella algo durmida. Porén, a compañía vén de anunciar o lanzamento dun novo terminal de gama media deseñado para democratizar o acceso ao 4G. Falamos do HTC Desire 510.
O trebello incorpora unha pantalla de 4,7 polgadas FWVGA, procesador Snapdragon 410 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 GB de RAM e 8 GB de memoria interna, aínda que ampliábeis mediante tarxetas microSD de até 128 GB. A súa cámara principal é de 5 megapíxeles e a frontal VGA, mentres que a batería se sitúa nos 2100 mAh.
En canto a sistema operativo, vén con Android 4.4 Kitkat e a interface HTC Sense, que conta entre outras cousas con BlinkFeed para acceder ás actualizacións de redes sociais e outra fontes RSS de xeito doado e vistoso.
O novo HTC Desire 510 estará dispoñíbel no mes de outubro en dúas cores, branco terra e gris meridian, chegando ademais con diversos accesorios como a funda HTC Dot View. Polo de agora non trascendeu o seu prezo, aínda que xa anunciaron que existirá a posibilidade de o mercar a través de operadores.
Moi bonito, ten un parecido co HTC One… O que me chamou a atención e que un movil de 200€ mais ou menos non conte con Flash na sua cámara.
Por outro lado, será o primeiro movil da marca estreando un Sistema Operativo de 64 Bits.
Saudos.