Bartec Pixavi Impact X: o móbil que o aguanta todo

Temos falado moitas veces dos móbiles resistentes a case todo, mesmo tivemos a oportunidade de compartir convosco unha análise do CAT B15 grazas a un lector do blog. Mais hoxe queremos falarvos dun dispositivo que vai un paso máis aló, o Bartec Pixavi Impact X, deseñado para resistir case todo.

impact x

Incorpora unha pantalla de 4,6 polgadas e resolución 800×480 píxeles, cámaras de 8 megapíxeles en ambos lados e Android 4.2.2 como sistema operativo. Porén o esencial do trebello é que as certificacións acreditan a súa resistencia ás explosións, ademais de ser apto para funcionar en entornos radioactivos ou corrosivos, sen esquecer o máis básico: o pó e a auga.

Descoñécese cal será o seu prezo final ou cando estará dispoñíbel, pero imaxinamos que estará ao alcance de moi poucos petos por ser un dispositivo orientado a un público moi específico.

Sobre o autor

Reply