Os rumores comezaron hai un tempo pero hoxe foi o día elixido para a súa presentación. Meizu ven de confirmar as características do seu terminal máis destacado do momento, o MX4.
O seu deseño é espectacular. Os materiais elixidos para a súa fabricación son aluminio e magnesio e monta unha patanlla de 5,4″ mantendo un tamaño axustado debido aos seus reducidos marcos.
Ademáis destacamos:
- 3 GB de RAM, procesador MediaTek octacore (4x Cortex A17 y 4x Cortex A17) e GPU PowerVR Series 6.
- Batería de 3100mAh.
- Cámara princial, asinada por Sony, de 20,7 mpx e dobre flash LED.
Como non pode ser doutro xeito, o seu sistema operativo é Flyme 4 que está baseado en Android 4.4, Kit Kat, OS característico dos terminais da marca chinesa.
O Meizu MX4, sairá á venta o 20 de septembro na China, maís a Europa non chegará polas canles oficiais como adoita ser habitual. O seu prezo será dunhos 222€ para a versión de 16 gigas, 247€ para a de 32 gigas e 272€ para a de 64 gigas.