Segundo parece, Sony presentaría mañá en Berlín o Xperia Z3, así como tamén o Xperia Z3 Compact e a Xperia Z3 Tablet. Porén, a compañía nipona fixo unha presentación previa baixo embargo con medios españois, á que non convidou a Mallando no Android.
Malia todo, desde o noso blog tivemos acceso ás primeiras imaxes reais do novo Sony Xperia Z3 Compact, que queremos compartir con vós. As súas especificacións, pendentes de confirmar, pasarían por unha pantalla de 4,5 polgadas e resolución HD (1280 x 720 píxeles), procesador SnapDragon 801 de catro núcleos a 2,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna. A súa cámara principal sería de 20,7 megapíxeles.
A aposta de Sony cos modelos Compact está pensada para que os usuarios máis exixentes poidan disfrutar de terminais con boas prestacións en tamaños máis reducidos. Que vos parece?