Asus presenta o seu primeiro smartwatch, o Asus ZenWatch

Asus xa nos preanunciou hai uns días o seu primeiro reloxo intelixente, o Asus ZenWatch, que se suma á crecente listaxe de dispositivos con Android Wear, como as opcións de LG, Samsung, ou Motorola.

asus zenwatch oficial

O Asus ZenWatch destaca polo seu deseño ao apostar por unha forma que nin é redonda nin é rectangular, aínda que si o é a súa pantalla, algo curvada. Os acabados son de gran calidade, como podedes ver no vídeo, e no seu interior toda a potencia de Android Wear, que xa analizamos.

asus zenwatch oficial 2

Estará dispoñíbel por 199 € e, se segue a liña dos outros reloxos Android Wear, poderémolo mercar a través da Play Store.

MemoPad 7

No mesmo evento Asus tamén presentou unha renovada MemoPad 7, con pantalla de 1920 x 1200 píxeles, procesador Intel de 64 bits a 1,8 GHz, 2 GB de RAM e cámaras de 5 e 2 megapíxeles.

memopad 7

Estará dispoñíbel en dúas versións atendendo á súa capacidade interna (16 ou 32 GB), ampliábeis por microSD e poderase adquirir desde 199 euros.

Sobre o autor

No Responses

Reply