Samsung presenta o Galaxy Note Edge, un dos seus dispositivos máis innovadores

edge4

Ademais do Galaxy Note 4, Samsung soubo gardar unha sorpresa na manga, o Galaxy Note Edge, o que seguramente sexa o seu dispositivo máis innovador, xa que conta cunha pantalla curvada especialmente pensada para disfrutar das notificacións no lateral.

galaxy note edge

As súas especificacións difiren algo coas do Galaxy Note 4, comezando pola súa pantalla, un panel AMOLED de 5,6 polgadas e resolución 2560 x 1440 píxeles e protección Gorilla Glass 3. O seu procesador é un Snapdragon 805 a 2,7 GHz, aderezado con 3 GB de memoria RAM e opcións de 32 ou 64 GB.

edge2

As cámaras son, a principal de 16 megapíxeles con establizador OIS e a frontal de 3,7. Ten 3000 mAh de batería e acabados similares regosos semellantes aos dos últimos dispositivos da marca.

Chega con Android 4.4.4 Kitkat e TouchWiz, ademais do que chaman Revolving UX, unha serie de ferramentas e controis para dar utilidade á parte curvada da pantalla. Esta zona é seguramente o punto forte deste dispositivo, onde poderemos amosar informacións diferentes da app principal que teñamos correndo na parte principal da pantalla, aínda que as posibilidades se multiplicarán con todo o que lles poida ocurrir aos desenvolvedores, para quen liberarán hoxe mesmo o SDK.

edge1

O Galaxy Note Edge chega con accesorios específicos, como a funda Flip Wallet, especialmente deseñada para este trebello, deixando libre esa zona da pantalla (e podéndose activar malia que o resto do panel siga apagado).

carcasa

Chegará a finais de ano en branco e negro, aínda que non se confirmou o seu prezo de posta á venda.

Sobre o autor

One Response

  1. Fco Javier Fernandez 3 Setembro, 2014 Responder

Reply