Sony presenta o seu primeiro smartwatch con Android Wear e unha renovada Smartband Talk

sony smartwatch 3

Cando Google anunciou Android Wear, Sony sentiuse defraudada por Google, xa que a compañía nipona levaba tempo traballando con reloxos intelixentes con Android. Daquela, a modo de pataleta, anunciou que non apostarían “polo momento” por Android Wear, aínda que semella que agora mudaron de idea, tras anunciar o Sony Smartwatch 3 no marco do IFA de Berlín.

O novo trebello incorpora unha pantalla cadrada de 1,68 polgadas e resolución 320 x 320 píxeles, decantándose pola forma cadrada. Ademais é resistente á auga segundo o estándar IP58 e estará dispoñíbel en tres acabados, Classic, Sport e Metal.

sony smartband talk 3

Por outra banda, tamén presentaron unha pulseira, Smartband Talk, con pantalla de 1,5 polgadas de tinta electrónica EINK, o que multiplica a duración da súa batería. Entre as súas posibilidades está a de facer chamadas, empregar comandos de voz ou recibir as notificacións de redes sociais, ademais de servir como controlador da actividade deportiva.

Estarán dispoñíbeis no outono, aínda que polo de agora a compañía xaponesa non anunciou o seu prezo.

Sobre o autor

No Responses

Reply