Tras a presentación onte do Galaxy Note 4 e do Galaxy Note Edge chega a renovación a un modelo xa icónico para a compañía surcoreana. Foron moitos os que riron cando Samsung lanzou, aló no 2011, o primeiro Note con S-pen (daquela chamado Stylus) pois pensaban que estaba desfasado e non tiña xeito incorporalo. Nada máis lonxe da realidade, xa que coas características engadidas vía software, é un complemento moi interesante. Tamén é certo que moitos non o empregan (do mesmo xeito que hai xente que merca un supersmartphone só para usar o WhatsApp), pero para quen o usa é un trebello imprescindíbel. Por iso Samsung neste novo Galaxy Note 4 segue apostando por incorporar este complemento.
Hoxe en día xa estamos afeitos a ver terminais grandes e isto debémosllo en parte aos Note, pois supuxeron unha revolución en canto a tamaño. No 2011 os terminais non chegaban ás 4.5 polgadas; o Primeiro NOTE xa tiña unha pantalla de 5,3… fucking crazy!!.
En canto ao hardware, sempre levou os mellores e máis potentes compoñentes de cada momento e ademáis é unha aposta segura, xa que sempre entra nos plans da compañía para ser actualizado e correr coa máis recente versión de Android.
Sen máis, deixámovos unha táboa que resume as principais características de todos os modelos presentados até o momento.
Galaxy NOTE |
---|
NOTE (2011) | NOTE II (2012) | NOTE 3 (2013) | NOTE 4 (2014) | |
Polgadas/Resolución/ppi | 5,3/1280×800/286 | 5,5/1280×720/267 | 5,7/1920×1080/386 | 5,7/2560×1440 |
Dimensiones (mm) | 82.95×146.85×9.65 | 80.5×151.1×9.4 | 79.2×151.2×8.3 | 153 x 85 x 7.8 |
Procesador | Exynos 4210 a 1,4 dual-core | Exynos 4412 a 1,6 quad-core | Exynos 5420 a 1,9 octa-core / Snapdragon 800 a 2,3 | Exynos 5433 a 1.9 Quad+1.3GHz Quad / S napdragon 805 a 2,7 GHz |
RAM (gigas) | 1 | 2 | 3 | 3 |
ROM (gigas) | 16/32 | 16/32/64 | 32/64 | 16/32/64 |
Batería (mAh) | 2500 | 3100 | 3200 | 3220 |
Cámaras (mpx) | 8 / 2 | 8 / 1,9 | 13 / 2 | 16+OIS/3.7 |
Versión de Android | 2.3.5 Gingerbread | 4.1 Jelly Bean | 4.3 Jelly Bean | 4.4 Kit Kat |
Peso (gr) | 178 | 182,5 | 168 | 176 |
Prezo de lanzamento | 729€ | 650€ | 659€ | Non facilitado |
Co lanzamento do Note 4 queda claro que Samsung quere seguir apostando por esta liña de produto, convertida xa nun referente tanto para o mundo empresarial como para os usuarios máis exixentes.