O Moto 360 xa é oficial: así é o reloxo con Android Wear máis agardado

Malia que o Moto 360 xa fora preanunciado durante o I/O 2014, xunto ao Gear Live de Samsung e o LG G Watch, botabamos de menos que estivese á venda, algo que acontecerá axiña tras a súa presentación oficial.

moto 360

Das súas especificacións destaca a súa pantalla pola forma circular, sendo o primeiro reloxo intelixente con Android Wear en ter esta forma, aínda que non o único tras o anuncio do LG G Watch R. A resolución do panel é de 320 x 290 píxeles e vén protexida con Gorilla Glass 3. Ten 512 MB de RAM e 4 GB de memoria interna. Así mesmo, tamén é resistente á auga segundo IP67 e incorpora un sensor cardíaco que permite monitorizar as nosas pulsacións sempre que queiramos, ademais do podómetro que nos axudará a cuantificar a nosa actividade física diaria.

Dispón dun dock para carga sen fíos e ten dispoñíbeis dúas correas de coiro, en negro ou gris. No noso país porase á venda por 249 euros no mes de outubro.

Sobre o autor

No Responses

Reply