Novo Moto X, o terminal co que Motorola quere competir na gama alta

Desde fai tempo levamos recibindo pequenas dosis de información sobre a evolución do Moto G, que xa ten sucesor, mais tamén do sucesor do grande de casa, o Moto X, a cal era case inexistente a pesar de que todos sabiamos que ía ser renovado.

650_1000_nuevo-moto-x-front-1

Feito oficial, xa temos todas as características técnicas do novo Moto X.

Novo Moto X
Pantalla 5,2’’ AMOLED/1920×1080/423ppi
Procesador Qualcomm Snapdragon 801 a 2,5 GHz
GPU Adreno 330
RAM 2 GB
ROM 16 GB
Batería 2300 mAh
Cámaras 13 mpx (f2.2) / 2 mpx.
Dimensións 140,8×72,4×9,9 mm
Peso 144 gr
Versión de Android Android 4.4.4 KitKat
Prezo 499€
Dispoñibilidade 1 outubro do 2014

Como vemos, desta volta Motorola aposta por un terminal interesante en canto hardware que co traballo de software (que agardamos que sexa tan bo coma o do Moto X) pensamos que debería ser un terminal moi atractivo de cara a campaña de Nadal, xa que o seu prezo de 499€ faino moi competitivo.

Ademáis Motorola mantén o sistema de personalización chamado Moto Maker pero a mágoa é que non chegará ao noso País, a lo menos por agora, xa que esta posibilidade só está confirmada ao noso arredor no Reino Unido, Francia e Alemaña.

650_1000_nuevo_moto_x-1

Desta volta, a estratexia de comercialización pensamos que é máis axeitada. O primeiro modelo, chegou tarde ao mercado europeo e cun hardware a priori, pouco interesante, algo que esqueces ao momento de tocar unha unidade xa que o traballo de optimización era impresionante e o terminal funcionaba á perfección sen lags de ningún tipo.

O certo é que temos moitas ganas de probar unha unidade e contarvos máis en profundidade as nosas sensacións. Recordámosvos que sae o 1 de outubro por un prezo de 499€.

Sobre o autor

No Responses

Reply