Samsung presenta as primeiras impresoras con sistema operativo Android

impresora samsung android 2

A estas alturas temos visto Android en case todo tipo de trebellos electrónicos e mesmo electrodomésticos, como lavadoras ou neveiras. Aproveitando a súa presenza na feira de electrónica IFA de Berlín, Samsung vén de anunciar o lanzamento de dez impresoras que empregan Android como sistema operativo.

As novas impresoras están orientadas ao mercado empresarial e pensadas para funcionar de xeito totalmente independente, sen necesidade dun ordenador e cunha interface amigábel para o usuario, á que deron en chamar Samsung Smart UX Center. Para ilo incorporan unha pantalla táctil de 10.1 polgadas e dispoñen de acceso a Internet para poder imprimir desde webs, emails, documentos, mapas… ou todo o previsualizábel, ademais de poder editar ou facer anotacións previo paso ao papel.

impresora samsung android

A nova gama de impresoras Samsung está composta por dez modelos que se agrupan en catro categorías de impresión:

  • Impresoras multifunción X4300 A3 cor: A serie X4300 está composta deos modelos X4300LX, X4250LX e X4220RX, cunha velocidade de saída de 30, 25, e 22 páxinas por minuto respectivamente. A serie X4300 está equipada coa tecnoloxía Dual-Scan ADF que lles permite escanear até 100 imaxes a dobre cara por minuto en cor e até 120 imaxes a dobre cara en branco e negro. Todos os modelos están equipados coa tecnología de Samsung Rendering Engine for Clean Page (ReCP) e Polymerized Toner, que garantizan unha calidade de cor nítida e profesional. O modelo de impresora multifunción X4300LX ten unha capacidade de impresión de até 85,000 páxinas por mes, con 23,000 páxinas con tóner de branco e negro e 100,000 páxinas por tambor.
  • Impresoras multifunción K4350 A3 Monocromo: Impresoras multifunción K4350 A3 Monocromo están formadas polos modelos K4350LX, K4300LX e K4250RX, cunha velocidade de saída de 35, 30 e 25 páxinas por minuto, respectivamente. A serie K4350 están equipadas coa tecnoloxía Dual-Scan ADF que lles permite escanear até 100 imaxes a dobre cara por minuto en cor e até 120 imaxes a dobre cara en branco e negro. O modelo de impresora multifunción K4350LX ten unha capacidade de impresión de até 85,000 páxinas por mes, con 35,000 páxinas con tóner. O tambor ten unha capacidade de 200,000 páxinas.
  • Impresoras multifunción M5370 A4 Monocromo: A serie M5370 A4 Monocromo está formada polos modelos M5370LX e M4370LX cunha velocidade de saída de 53 e 43 páxinas por minuto, respectivamente. A serie M5370 series está equipada coa tecnoloxía Dual-Scan ADF que permite escanear até 80 imaxes a dobre cara por minuto. A serie M5370 pode imprimir até 300,000 páxinas por mes con 30,000 páxinas por tóner. O tambor ten unha capacidade de 100,000 páxinas.
  • Impresoras multifunción M4580 A4 Monocromo: A serie M4580 A4 Monocromo está composta polos modelos M4580FX e M4583FX cunha velocidade de saída de 45 páxinas por minuto. M4580FX véndese a través da canle OA, mentres que a M4583FX se vende a través da canle ITl. A serie M4580 está equipada coa tecnoloxía Dual-Scan ADF, que permite escanear até 60 imaxes a dobre cara por minuto. A serie M4580 pode imprimir até 200,000 páxinas por mes e 40,000 páxinas por tóner. O tambor ten unha capacidade de 100,000 páginas.

Que vos parece esta aposta de Samsung? Onde máis vos gustaría disfrutar do Android?

Sobre o autor

Reply