Esta semana vimos de coñecer a re-re-re-renovación dun dos principais terminais de Sony, o Xperia Z3.
Malia toda a novidade que tratou de vender o fabricante, non acabamos de entender a necesidade de renovación que levamos nestes meses. E é que desde que saiu o primeiro Sony Xperia Z até o último, o Z3, pasaron menos de 24 meses, tempo no que coñecemos 4 terminais moi semellantes entre eles.
Como vos amosamos na táboa, as evolucións que inclue cada modelo respecto ao anterior son como pouco, ridículas.
SONY XPERIA Z |
Xperia Z (no CES do 2013) | Xperia Z1 (na IFA do 2013) | Xperia Z2 (no MWC do 2014) | Xperia Z3 (na IFA do 2014) | |
Polgadas Resolución ppi |
5 1920×1080 443 |
5 1920×1080 441 |
5,2 1920×1080 424 |
5,2 1920×1080 524 |
Procesador | Snapdragon quad-core a 1,5 | Snapdragon 800 a 2,2 | Snapdragon 801 a 2,3 | Snapdragon 801AC a 2,5 |
GPU | Adreno 320 | Adreno 330 | Adreno 330 | Adreno 330 |
RAM | 2 gigas | 2 gigas | 3 gigas | 3 gigas |
ROM | 16 gigas | 16 gigas | 16 gigas | 16 gigas |
Batería | 2400 mAh | 3000 mAh | 3200 mAh | 3100 mAh |
Cámaras (mpx) | Exmor RS, 13 / 2 | Exmor RS, 20,7 / 2 | Exmor RS, 20,7 / 2,2 | 20,7 / 2 |
Versión de Android | Jelly Bean 4.1.2 | Jelly Bean 4.2.2 | Kit Kat 4.4.2 | Kit Kat 4.4.4 |
Peso (gr) | 146 | 169 | 163 | 154 |
Dimensións (mm) | 139x71x7,9 | 144,4×73,9×8,5 | 146,8×73,3×8,2 | 146.5×72,4×7,5 |
Prezo (actuais) | 270€ | 350€ | 500€ | 699€ |
A estas alturas non nos sorprende que a obsolescencia programada sexa unha realidade nos nosos días, está claro, pero pensamos que Sony está levando esta máxima a un extremo absurdo que escapa de toda lóxica. Cremos que un terminal tope de gama cunha boa política de actualizacións (como efectivamente ten o Xperia Z), ten 2 anos de uso a máximo rendemento.
Que credes vós? Mercaríades o Z3 ou elixiríades calquera modelo anterior, tendo en conta o prezo actual dos mesmos?