Mente Motorola coa batería do Moto 360?

bateria moto 360

O Moto 360 era un dos reloxos con Android Wear máis agardados, finalmente presentado no IFA de Berlín, aínda que a aparición de novos modelos eclipsou o seu desembarco. Alén diso, as primeiras reviews chegan con críticas sobre a súa autonomía, pois hai quen di que non chega ao día de uso sen pasar polo cargador.

Sumado a isto, os rapaces de iFixit veñen de desmontar un e achar que ten 300 mAh de batería fronte os 320 mAh que anuncia o fabricante nas súas especificacións, 20 mAh que poderían supor unha mellora sustancial. Polo de agora Motorola non fixo declaracións a este descubrimento, mais non podemos descartar que o trebello analizado por iFixit sexa un modelo non definitivo.

Sobre o autor

Reply