Wolder inicia a tempada de outono con tres novos smartphones

smartphones-wolder-mismart XELFIE-WINK-COOL

Wolder vén de anunciar tres novos modelos de smartphone de cara a afrontar a tempada de outono; son o mismart Xelfie, mismart Wink2 e mismart Cool.

O mismart Xelfie está pensado para esa xeración de usuarios adita aos autorretratos. Por iso incorpora unha supercie táctil na parte traseira que facilita sacar fotos a un mesmo, ademais de servir tamén para manexar o móbil. Incorpora unha pantalla de 4,5 polgadas e calidade qHD (960 x 540 píxeles), procesador de catro núcleos a 1,3 GHz, 1 GB de RAM, 8 GB de memoria interna e cámara principal de 13 megapíxeles. A frontal é de 8 megapíxeles, polo que as selfies serán de boa calidade.

Doutra banda, o mismart Wink2 conta cunha pantall IPS, procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz e cámaras de 8 e 2 megapíxeles. A súa batería é de 1900 mAh e ten 1 GB de RAM e 4 GB de memoria interna.

Finalmente, o mismart Cool destaca pola súa pantalla IPS de 5 polgadas e tecnoloxía OGS, cuxa resolución é de 1280 x 720 píxeles. Incorpora un procesador quad core a 1,2 GHz, 1 GB de RAM e 4 GB de memoria interna. A batería é de 2000 mAh e as cámaras de 5 e 13 megapíxeles, para frontal e traseira respectivamente.

Todos eles veñen son dualSIM, con 3G en ambas tarxetas, ademais de dispór de espazo para ampliar memoria por microSD. Veñen con Android 4.4 KitKat (agás o Wink 2, que ten 4.2)e tecnoloxía Dolby para mellorar a experiencia de son.

O mismart Xelfie ten un PVP de 139 €, o Wink 2 por 99 € e o Cool 149 €.

Sobre o autor

Reply