Así recibiron ao iPhone 6 diversos fabricantes Android

samsung apple

As presentacións de Apple, sobre todo cando falamos dos iPhone, non deixan indiferente a ninguén. Outrora servían para marcar o ritmo do que deberían ser as cousas, aínda que hoxe semellan ir a remolque do que fan outros, como comentabamos neste artigo. En calquera caso, e deixando de lado especificacións ou preferencias de cada quen, os diferentes fabricantes non dubidaron en sacar campañas publicitarias mofándose desas altas espectativas que se poñen en todo o que fai Apple aproveitando a presentación do iPhone 6 e do Apple Watch.

O primeiro en mover ficha foi Sony, que durante a presentación compartiu un tweet cunha imaxe que imitaba á da conta a atrás do streaming de Apple, no que facía referencia á duranción das baterías nos seus terminais.

sony apple

Pola sua banda, Samsung foi un paso máis aló meténdose… bueno, case con todo: desde o mal que foi o streaming até as poucas posibilidades que, ao seu xuízo, teñen os novos iPhone fronte o Galaxy Note 4. Son en total 6 vídeos que podedes ver nesta lista de reprodución (duran aprox 30 segundos cada un).

OnePlus enfocou a súa campaña no tamaño, destacando que Apple acabase por sumarse á moda dos smartphones de pantalla grande e situando ao carón o seu OnePlus One.

oneplus apple

Finalmente está o casos de Asus, que quixo entrar nesta campaña de benvida cunha imaxe bastante meh, aínda que con bo fondo, xa que os Zenfone 6 son uns dispositivos cunha relación calidade / prezo fantástica, fronte a desproporción do iPhone 6.

asus apple

Que vos parecen este tipo de iniciativas? En certa medida serven para romper o xeo entre marcas e usuarios, axitar as redes sociais e lembrarnos que non todo o que reluce é ouro.

Sobre o autor

Reply