Archos Music Beany, o gorro conectado para o inverno

ARCHOS Music Beany 1

O mundo dos accesorios é tan amplo como poidamos imaxinar, e facendo un esforzo de esmagamento de miolos, desde Archos achegan unha solución que gustará a máis dun e dunha de cara o frío inverno, os Archos Music Beany.

Como vedes nas imaxes, trátase duns gorros que conectados por Bluetooth 2.0 e con batería recargábel mediante microUSB. Dispoñen de auriculares incorporados con son de alta calidade, permitindo que reproduzamos a nosa música desde o smartphone sen necesidade de fíos polo medio da roupa.

ARCHOS Music Beany 2

Este novo gadget supón un paso máis na aposta da compañía pola tecnoloxía wearable, aínda que non acabamos de ter claro se chegará a causar tendencia. En calquera caso, os music Beany estarán dispoñíbeis en outubro por 29,99 euros.

Sobre o autor

3 Comments

  1. Nelo 15 Setembro, 2014 Responder
    • Iago Varela Martínez 15 Setembro, 2014 Responder
  2. Uxío 15 Setembro, 2014 Responder

Reply