Fai case xa dous anos Niantic Labs (propiedade de Google) lanzou Ingress, unha divertida aplicación basada na tecnoloxía de realidad aumentada que invitaba os usuarios de Android a xogar co mundo real que nos rodea. Nos seus comezos era unha versión beta pechada na que só se podía entrar mediante invitación. A día de hoxe xa a podemos descargar tranquilamente dende a Play Store, vendo o éxito a nivel global do xogo, o estudio decidíu ampliar os seus horizontes e tamén podemos atopar a súa correspondente versión do xogo no App Storee dende hai un par de meses.
Todo isto ven acompañado de lemas tan suxerentes como “o mundo tal e como o coñeces non é o que parece” ou “está sucedendo ao teu arredor, non veñen, xa están aquí” se non terminas de entender de que vai o conto, non te preocupes porque a idea principal é esa, manter o misterio ata ó final, iso é o que dixeron os seus creadores. Outra das cousas que nos din dende Mountain View é que o traballo en equipo é unha das máximas desta aventura, xa que, a finalidade do xogo é ir conquistando territorios ó inimigo para que os controle o teu bando… pero tamén protexer os que xa teñas dos ataques opostos.
Agora que xa falamos un pouco da idea e de onde o podemos descargar se o queremos probar, imos meternos un pouco no mundo de Ingress. O xogo básicamente consiste no enfrentamento de dous bandos, os Iluminados e a Resistencia, para facerse co poder e intentar controlar zonas do planeta, mentras a aplicación para o teu dispositivo móbil che axudará a recoller unha especie de enerxía especial chamada “materia exótica” -ou XM- facendo uso desta enerxía pódense ralizar diferentes accións. A fundamental, conquistar e controlar portais, puntos onde se concentra o XM e que soe estar en puntos de interés do mundo real, como edificios históricos, prazas, esculturas… ou lugares máis simples como poden ser parques, fontes ou graffitis.
Ingress é un xogo social, onde as interaccións e colaboracións entre axentes son fundamentais para o progreso da túa facción. ¿Qué fas se un axente rival estivera atacando un dos teus portais, e ti non te atopas nese intre alí? Poderías tratar de defendelo dende o lugar no que te atopases, pero o máis probable é que a mellor defensa sexa a dun axente do teu bando que esté cerca e che poida votar unha man.
Dende eiquí vos animo a que o descarguedes e o probedes, estou seguro que unha vez que xoguedes non o deixaredes.
pero moito!