Comproba o teu nível de “enganche” ao móbil con Checky

Vimos de probar estes días unha app chamada Checky que serve para medir o número de veces que desbloqueamos o noso terminal. A aplicación o que fai é levar unha conta diaria do número de veces que accedemos ao móbil coa intención de informarnos sobre se estamos a empregar moito (ou non) o nosos nosos gadgets.

Screenshot_2014-09-17-12-13-51

Ademáis como vemos na captura, na parte inferior vemos dun xeito máis grafica a nosa conta e deste xeito ver se levamos unha tempada empregando máis o móbil e se é por un motivo xustificado ou non.

Todo isto serve para intentar evitar problemas persoais por un uso excesivo ou mesmo para os pais con cativos que non queren que os seu fillos pasen o día enganchados ao móbil.

Podedes decargar Checky dende este link á Play Store totalmente de balde.

Sobre o autor

Reply