Hai uns días falabamos das novidades no 4G de Vodafone, a compañía que a día de hoxe ten a mellor rede operativa destas características no noso País e no resto do Estado. Agora, os clientes da compañía poderán seguir gozando destes accesos de alta velocidade en 25 países repartidos por todo o mundo, dos cales 16 están en Europa.
Grazas aos acordos de Vodafone con outras operadoras, os clientes que teñan unha SIM compatíbel con 4G (todas as micro e nano SIM xa o son) poderán navegar a 150/50 Mbps, controlando o que gastan coa Tarifa de Viaje, que ten un custe de 3 €/día en Europa e 8 €/día no resto do mundo e inclúe todas as comunicacións do día que se use segundo a seguinte táboa.
Europa | Mundo | |||
CLIENTES en tarifas RED | 1000 min
1000 SMS 1GB/mes |
3€/día | 50 min
50 SMS 50 MB/día |
8€/día |
Resto de CLIENTES | 50 min
50 SMS 50 MB/día |
20 min
20 SMS 20 MB/día |
Os países nos que se pode disfrutar do 4G son Alemania, Austria, Francia, Eslovenia, Bélxica, Croacia, Grecia, Holanda, Italia, Noruega, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Rumanía, Suiza, Estados Unidos, Xapón, Rusia, Corea del Sur, Brasil, Hong Kong, Nova Zelanda, Taiwán e Singapur.
Ademais dos citados, os clientes de Vodafone poden disfrutar das mesmas cantidades de minutos, SMS e datos (aínda que no nen 4G) no resto de países UE, Islandia, Liechtenstein, Albania, Turquía, Marruecos, México, Brasil, China, Colombia, Rusia, Chile, Argentina, Perú, India, República Dominicana, Sudáfrica, Ecuador, Arabia Saudí, Israel, Panamá, Australia, Xapón, Uruguay, Exipto, Qatar, Costa Rica, Paraguay, Filipinas e Guatemala.