OnePlus One: adeus ao soño da carcasa de bambú

OnePlusBambu

Non quixeramos comezar cun… xa volo dicíamos… pero neste caso non se pode negar cando temos as probas diante. OnePlus está tentando de desilusionar se se pode dicir dalgunha maneira, polo menos en parte, todas as espectativas que se tiñan nela. Agora coa campaña mediática en dúbida polos pequenos problemas surxidos no seu terminal, atopámonos cunha nova decepción: a “StyleSwap” en Bambú foi cancelada oficialmente.

Na práctica, a producción non conseguíu obter un número axeitado de carcasas capaces de superar as probas de calidade e, aínda máis, unhas das razóns que máis sorprendeu é que o sistema de substitución da carcasa é bastante complicado e podería chegar a danar o terminal.

OnePlusBambu1

Ao final non teremos a nosa carcasa de bambú, en espera de que chegarán noutros materiais. O que si podemos destacar é que a substitución da carcasa é calquera cousa menos simple, inmediata e resistente á rotura.

Serán capaces de ter en conta na seguinte versión todos os pequenos inconvintes xurdidos no One?

Vía

Sobre o autor

One Response

  1. Rubenix 20 Setembro, 2014 Responder

Reply