Oppo N3… cun novo sistema de refrixeración?

Comeza a aumentar a curiosidade do que nos imos a atopar no próximo terminal da marca Oppo, que segundo temos entendido chegará o próximo 29 de outubro. Despois das diferentes imaxes que vimos estos días sobre o deseño elixido, atopamos novas sobre o posible sistema de refrixeración que empregarán no novo N3.

Un dos grandes problemas que atopamos máis a miúdo do que un mesmo quixera é o sobrequencemento dos terminais, algo que sobre todo poñemos a proba nos xogos que cada vez levan máis o terminal o límite das súas posibilidades.

oppo-n3-cooling

Semella que a equipa de enxeñaría de Oppo atopou o xeito de mellorar o problema o quecemento dos terminais, grazas a un novo sistema de disipación da calor.

Na imaxe que acompaña o artigo vemos o que supostamente é do novo sistema de refrixeración; componse dun material especial que cubre as compoñentes máis importantes, que se consideran vitais para o terminal. O seu funcionamento, suponse, acelera a conducción de calor e disípao cando a temperatura do chip, e das outras compoñentes importantes e sensibles, comeza a aumentar.

Por desgraza non obtivemos unha información máis precisa sobre o seu funcionamento, pero tendo en conta a data de presentación do seu novo terminal, teremos que esperar pouco para saber se os seus desenvolvedores atoparon unha solución útil a este problema que lle afecta a maioría de terminais de hoxe en día.

Vía

Sobre o autor

Reply