O pasado venres 19 de Setembro celebrouseno salón de actos da ETSE a Universidade de Santiago a Spanish GDG Summit. GDG son as siglas de Group Development Google, onde xente de distintas cidades deciden crear un grupo da GDG co único obxectivo de xuntarse para aprender e fomentar o desenvolvemento ou o uso de novas tecnoloxías utilizando ferramentas de Google coma Android, as distintas APIs ou servizos Cloud. O evento era de balde e podía asistir calquera interesado nas novas tecnoloxías.
Na primeira charla, Nacho Coloma presentaba distintas solucións de servizos na nube ca Google Cloud Platform, con solucións IaaS ou PaaS como App Engine. En solucións de almacenamento na nube de Google temos opcións interesantes como Saved Games para as nosas aplicacións escritas para Android que facilita almacenar os datos na conta de Drive do usuario. Como alternativa ao popular servizo Publish&Subscribe de PubNub temos Google Cloud Messaging para as publicacións de eventos aos usuarios das nosas aplicacións. Dentro destes servizos Cloud engado o servizo Mobile Backend Starter, un MBaaS (Mobile Backend as a Service) para as nosas apps sen ter que desplegar toda a infraestructura e desenrrolo dun Backend.
Nesta primeira charla, a pesar de ser unha mostra da aposta de Google con seus novos servizos Cloud, destacan dúas funcionalidades para o rendemento das aplicacións web xa propostas:
- PageSpeed: Módulo dispoñible para Apache Web Server e Ngix que optimiza o rendemento da carga de aplicación web. O módulo concatena os contidos de Js, Css e comprime as imaxes para devolvelas máis rápidamente ao cliente.
- HTTP 2.0: Solución utilizando transmisión dos datos en binario en lugar de usar texto ASCII coma en http 1.1. HTTP 2.0 baséase en SPDY reducindo a latencia nas peticións.
Na segunda charla, Mariona Aloy Ciller falou do Maker movement e como está revolucionando estas tecnoloxías baseadas en hardware libre a sociedade do século XXI, chegando a lugares onde as grandes empresas non poden dar servizos. Dende Arduinos e RaspberryPi ata impresoras 3D baseadas en hardware libre. Mariona tamén amosou o movemento das Fab Labs, onde calquera pode achegarse ao taller para imprimir as pezas 3D que desexe e esperar tomándose un café. En Barcelona xa temos o movemento Fab Lab Bcn e cada vez en máis cidades están aparecendo locais deste tipo. E coas impresoras podemos empezar a crear outros obxectos tanto coma robots segue-liñas, próteses, exploradores submarinos como o OpenRov e mesmo ata a nosa casa.
Por último, Raúl Otaolea presentou a súa solución para a creación dun IDE de creación de videoxogos baseados en HTML5 a través da plataforma Cloud de Google. O IDE de desenvolvemento de xogos en HTML5 chámase WiMi5 e funciona coma un sistema freemium onde tras previo rexistro temos acceso a ferramenta dende o navegador e podemos adquirir novas funcionalidades previo pago. A ferramenta e moi potente e destaca o ben fluída que vai dende o navegador con varias barras de ferramentas coma os assets do noso videoxogo. Ademáis, temos varios exemplos dispoñibles e tutoriais de axuda. Unha vez rematado o noso xogo podémolo compartir a través dun enlace facilitado pola ferramenta e desfrutalo dende calquera dispositivo ao estar en HTML5.
Para soportar un amplo número de usuarios e que sexa un sistema escalable, WiMi5 utiliza o framework Igloo coma módulo para NodeJs.
Betabeers
Pablo Rodriguez Monedero, cofundador de Betabeers presentounos esta organización, que comezou en Madrid como reunión de frikis do desenvolvementos nunha cervexaría para ensinar e falar dos proxectos de aplicacións de cada un e aprender uns cos outros. Temos Betabeers en varias cidades e só é necesario ter un lugar e un megáfono (para facer as preguntas aos poñentes). Ten 25 oficinas en España e unha en Porto Rico. O que queira pode falar sobre tecnoloxía ou a presentación de proxectos para buscar axuda. Tras as charlas, sempre veñen as cervexas para coñecerse entre todos.
Na nosa terra temos Betabeers en Coruña, Santiago e Vigo. Dende a páxina oficial podedes ver os próximos eventos: http://betabeers.com/event/
Podedes descargar as presentacións desde aquí.
Crédito da imaxe: GDG Santiago.