R mellora as tarifas de móbil con opcións para todas as necesidades e petos

mundoR

O operador galego de cable R vén de anunciar as novidades que imos atopar nas tarifas de móbil a partir do primeiro de outubro. Entre elas atopamos tarifas novas e actualización da Plana 18, quedando a oferta completa do seguinte xeito (*IVE xa incluído).

  • Tarifa 1.  Por 7 €/mes de cota dispoñemos de 500 MB, chamadas a 1 cts/min e  ilimitadas de balde aos fixos e móbiles da mesma factura (máximo 60 minutos por chamada). Pola súa banda, os sms custan 10,89 céntimos e o establecemento de chamada son 18,15 céntimos, que non se cobrará nas chamadas da mesma conta.
  • Tarifa Plana 12. Por 12 €/mes dispoñemos de 1 GB e 150 minutos para chamadas. Ademais, inclúe chamadas ilimitadas aos fixos e móbiles da nosa conta (máximo 60 minutos por chamada) e 50 sms.
  • Tarifa Plana 18. A mellora está desta tarifa está en que pasamos de  300 a 500 min para chamadas. Mantén 1 GB de datos e as chamadas ilimitadas para os números da nosa conta (máximo 60 minutos por chamada) sen aumento de prezo. Se a tedes contratada, a actualización será automática o día 1 de outubro para os autónomos e o día 20 de outubro para particulares.

Ademáis mantéñense as seguintes tarifas.

  • Tarifa 0. Por 11€/mes de cota temos chamadas a 0 cts/min e 1,5 GB para datos. Pola súa banda, os sms custan 10,89 céntimos e o establecemento de chamada son 18,15 céntimos. Inclúe chamadas ilimitadas aos números da nosa conta, sen establecemento de chamada.
  • Tarifa Plana 24. Por 24 €/mes temos chamadas ilimitadas, 2 GB para datos e 300 sms.
  • Tarifa Plana 36. Por 36 €/mes temos chamadas ilimitadas, 4 GB para datos e 400 sms.
  • Tarifa Plana 60. Por 60 €/mes temos chamadas ilimitadas, 5 GB para datos e 500 sms.

mobilR

Con esta actualización queda descatalogada a Tarifa Plana 11, que se suma a unha longa listaxe de tarifas que xa non existen, como as outrora famosas Mini+Internet que aínda manteñen moitos usuarios. Destaca ademais que xa non hai tarifas sen datos e o esforzo por integrar todas as nosas comunicacións nunha única factura grazas ás chamadas ilimitadas entre números da nosa conta, dispoñíbeis en todas elas.

En canto aos límites de datos, R non cobra os excesos, reducindo notabelmente a velocidade de descarga, aínda que ofrece bonos extra de datos para aqueles usuarios que queiran seguir navegando á máxima velocidade. Porén, estes bonos teñen que incluír a mesma cantidade de datos que teñamos contratados, que se cobrarán a 1 € / 100 MB (ex: se a nosa tarifa inclúe 1 GB, pagaremos 10 €).

Cómpre lembrar que se temos contratado móbil e Internet de banda larga na nosa casa, teremos importantes descontos no prezo dos combos. Do mesmo xeito, poderemos adquirir o noso terminal semisubvencionado e pagalo comodamente a prazos, aínda que non coa nova Tarifa 1, a máis axustada de todas elas.

Que vos parecen estas novidades? Xa mudastes a vosa tarifa de mobilR?

Sobre o autor

No Responses

Reply