A finais da semana pasada coñecemos como quedan a tarifas de mobilR tras un proceso de remodelación total das mesmas e hoxe é a quenda de Movistar, que tamén terá novidades importantes a partir do 1 de outubro coa incorporación das novas tarifas VIVE.
Estas tarifas están pensadas para usuarios activos, xa que todas elas inclúen navegación en 4G, Nubico (servizo de lectura de libros) e MultiSIM na opción máis cara. O seu prezo (IVE incluído) dependerá dos datos e minutos incluídos en cada unha delas:
- Vive 11 (11 €/mes): 800 MB e chamadas a 0 cént/min
- Vive 22 (22 €/mes): 1,1 GB + 200 minutos
- Vive 30 (30 €/mes): 2 GB + chamadas ilimitadas + sms ilimitados.
- Vive 43 (43 €/mes): 4 GB + chamadas ilimitadas + sms ilimitados.
Tras este movemento Movistar adianta a Orange (31 €), Vodafone (32 €) e Yoigo (32 €) na tarifa ilimitada con 2 GB, aínda que na nosa opinión segue compensando mobilR (24 €) malia que a operadora galega inclúa “só” 300 sms. Algo semellante pasa coa opción de 4 GB, xa que novamente mobilR resulta tremendamente máis barata (36 €) ca Movistar, o mesmo ca Yoigo (39 €).
As dúas opcións máis económicas non compensan desde ningún punto de vista. Practicamente todos os operadores teñen opcións moito máis baratas e con máis megas incluídos para navegar, nalgún caso mesmo case duplicando a cantidade.
Que vos parecen estes novos cambios?
Según teño entendido, R aínda non dispoñe de 4G (pese a que opera a través de Vodafone e eles sí teñen 4G). Seica están en trámites para ofrecelo, como está realmente o asunto?
Certo, é a única diferenza. Deberíamos saber algo do 4G de móbilR de cara finais de ano ou comezos do ano que vén…
De todos os xeitos, tras as nosas probas de rede 4G, até o de agora a velocidade das conexións 4G na rede Movistar en Galiza déronnos resultados inferiores aos que consegue a rede 3G de Vodafone (que usa R). Outra cousa é no 4G, onde a rede de Vodafone mellora moito.
O 4G de Movistar vai peor que o 3G de Vodafone? Juas, qué divertido. Eu teño 4G de Vf dende fai pouco e é de dicir que vai moi moi ben, aínda que deben seguir ampliando a cobertura.