Xa comentabamos hai uns días que os rumores arredor do novo Nexus ían ser unha constante estes días, xa que o seu lanzamento é inminente. Un novo render confirmaría o seu aspecto final, que chega xunto coas especificacións que integrará o novo smartphone referencia con selo Google.
Segundo os últimos datos, o Motorola Nexus 6 integra unha pantalla de 5,9 polgadas (QuadHD 2560 x 1440 íxeles, 496 ppi), o que supón un importante salto desde as 5,2 – 5,5 que teñen os principais dispositivos Android. A súa batería é de 3200 mAh, con carga rápida de 15 minutos, e as cámaras de 13 e 2 megapíxeles.
Outra cousa que quedaría confirmado é que Android L será a versión 5.0 (mirade a hora), que ademais chegará con novas iconas para as chamadas, Play Store e mensaxes.
Que vos parece o que se vai sabendo do novo trebello?
Impórtame pouco o tamaño da pantalla sempre que o tamaño final do terminal sexa contido, pero entre a pantalla de supostamente 5,9″ e os marcos superior e inferior, penso que xa se vai a un tamaño pouco cómodo para o día a día. Pero bueno, haberá que telo na man e ver que sensacións nos transmite.
Polo demáis, ten pinta de equipazo 🙂
Totalmente de acordo con Álvaro, o equipo debe de facerse demasiado grande para traballar con él con comodidade na man. É unha pena, porque as tendencias das empresas van a facer os smartphones cada vez máis grandes, cando non sempre máis grande significa mellor.
Nunca probei un terminal tan grande, pero ganas non me quedan. Uso bandolera habitualmente así que non me importa tanto.
Espero que eses 3200mAh non se fagan pequenos con ese pedazo de procesadorr.
A verdade é que tendemos a iso. Eu persoalmente pensaba que as 5,2 eran o meu límite, pero agora ando coas 5.5 e non quero menos xD Ao final todo depende do deseño.
Sobre a batería, imaxinamos que Android L mellorará o rendemento para que iso non sexa un problema. Haberá que botarlle man en canto saia para ver como vai!